Montes de Vigo, en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia, organizaron este sábado 10 de novembro a Xornada Técnica "Redeseñando o monte periurbano: prevención de incendios forestais e bioeconomía".
As cinco poñencias resultaron de moito interese para o preto do centenar de participantes.
De seguido se enumeran e dase acceso ao video das mesmas:
1. O futuro do monte veciñal aplicando criterios de bioeconomía (ver video)
Xosé Covelo Míguez. Director técnico da Asociación Forestal de Galicia
2. O monte multifuncional como sistema de defensa contra incendios (ver video)
Juan Picos Martín. Director da Escola de Enxeñaría Forestal. Universidade de Vigo
3. Anel verde de Vigo (ver video)
Álvaro Crespo Casal. Enxeñeiro técnico municipal do Concello de Vigo.
4. Os tratamentos preventivos e a xestión da biomasa nas faixas de prevención contra incendios (ver video)
José María Fernández Alonso. Investigador do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Consellería do Medio Rural
5. O monte periurbán na revisión do Plan Forestal de Galicia (ver video)
Tomás Fernández-Couto Juanas. Director xeral de Ordenación e Produción Forestal