Comunicado en relación coa clasificación Trail Curta Categoría Veteranos Masculino.
Queremos informar que nas clasificacións desta categoría tivo lugar un error de tipo técnico que fixo que o primeiro listado de clasificados en Trail Curta Categoría Veteranos Masculino, e que foi o empregado para entrega de premios, non se correspondese co que finalmente se publicou no blog de Montes de Vigo.
Este error, recoñecido oficialmente pola empresa contratada para o control de tempos, veu derivado de “una anomalía en la asignación de categoría de los afectados”, que foi a que fixo que os tres primeiros clasificados finalmente publicados no blog non estiveran incorporados como veteranos no momento de xerar o listado empregado polo speaker para comunicar os gañadores en podium.
Evidentemente, este error, alleo por completo a Montes de Vigo, modifica os resultados tal e como se reflicte de seguido:
RESULTADOS DE PODIUM (ERRÓNEOS):
1. Gonzalo Comesaña Estevez (2122)... 01:30:14
2. Javier Mariño Rodríguez (2105)... 01:37:59
3. Diego José Pío Vaquero (2037)... 01:39:24
RESULTADO FINAL PUBLICADO (UNHA VEZ CORREXIDAS AS DATAS DE NACEMENTO)
1. José Soto Sanromán (2094) ... 01:19:45
2. Rubén Sio Fernández (2059) ... 01:25:54
3. Pepín Bernárdez Rodríguez (2104) ... 01:28:49
Como organización da Trail Curta Montes de Vigo queremos pedir públicamente desculpas por esta indesexada situación e agradecer a comprensión dos implicados.
Vigo, 15 de outubro de 2018