VEGALSA-EROSKI ASINA CONVENIO DE COLABORACIÓN CON MONTES DE VIGO

Vegalsa-Eroski e Montes de Vigo veñen de establecer un convenio de colaboración para promover actividades de uso social do monte nas 14 comunidades que conforman o anel verde de Vigo. 

Baixo este acordo, Gabriela González, directora de Sostenibilidad y Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, e Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, deron a coñecer a programación de "Os montes de Vigo na Escola", en virtude a cal o alumnado de 6º de primaria de 10 centros da cidade vai ter ocasión de coñecer polo miúdo dos valores naturais e patrimoniais dos montes máis próximos, así como a dinámica das comunidades de montes veciñais en man común.

No acto estiveron presentes a directora do CEIP Coutada Beade, Sheila Fernández, e o director do CEIP Otero Pedrayo, Victor Manuel Casal, en representación dos centros educativos participantes. Nas súas intervencións, ademáis de agradecer a colaboración das institucións promotoras, puxeron de manifesto a importancia de que o alumnado poida coñecer de preto o seu entorno máis cercano, que se acheguen aos recursos recreativos e naturais que están a disposición e, que, en definitiva, os máis cativos se sintan como unha parte do ecosistema no que viven. Tamén avogaron por unha continuidade no programa para que así sexa unha actividade que cada ano se poida integrar no curriculo programado.

As actividades programadas en "Os montes de Vigo na Escola" arrancan durante este mes de marzo e chegarán ata o mes de maio, con visitas aos parques forestais e lugares singulares de cada comunidade. A vindeira semana terá lugar as primeiras actividades co CEIP Ría de Vigo e co CEIP Coutada Beade.

Acompañando a estas actividades entregarase aos participantes un folleto informativo que a través do QR incrustado permite acceder a un espazo web con diversa información sobre os Montes de Vigo e as comunidades de montes veciñais en man común. Ver AQUI.



Nombre

Actualidade,166,Destacado,108,eventos,25,
ltr
item
Montes de Vigo: VEGALSA-EROSKI ASINA CONVENIO DE COLABORACIÓN CON MONTES DE VIGO
VEGALSA-EROSKI ASINA CONVENIO DE COLABORACIÓN CON MONTES DE VIGO
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKx1ilkJKTt8qyXMYDFZjywJeb9rzDGMcUxN1MmTusy7aZvKtUlU1PPleXMV-msQKGx_a8MSgPGxtA9EltfymialTdOmj810KF4NXTMYP3PYBrvQNzAKB4JgVAD3-vmuE69DElRr4QBwAYabzAv5Xxbun_Vp-b3P5LmeJ0lht-tzmz7RorB6y-r_m-xA8u/w640-h480/2024-03-12%20Convenio%20MVigo-Vegalsa%201.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKx1ilkJKTt8qyXMYDFZjywJeb9rzDGMcUxN1MmTusy7aZvKtUlU1PPleXMV-msQKGx_a8MSgPGxtA9EltfymialTdOmj810KF4NXTMYP3PYBrvQNzAKB4JgVAD3-vmuE69DElRr4QBwAYabzAv5Xxbun_Vp-b3P5LmeJ0lht-tzmz7RorB6y-r_m-xA8u/s72-w640-c-h480/2024-03-12%20Convenio%20MVigo-Vegalsa%201.jpg
Montes de Vigo
https://montesdevigo.blogspot.com/2024/03/montes-vigo-na-escola-presentacion.html
https://montesdevigo.blogspot.com/
https://montesdevigo.blogspot.com/
https://montesdevigo.blogspot.com/2024/03/montes-vigo-na-escola-presentacion.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar