A Mancomunidade de Montes de Vigo, en virtude do establecido pola Lei 9/2013 de transparencia, acceso á información e bo goberto, ten a ben publicar os contratos, convenios e subvencións recibidas durante os exercicios 2020-2022:
EXERCICIO 2022
- Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2022 (Concello de Vigo):
Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.
Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.
Importe concedido: 145.000 euros
- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2021-22 (Consellería de Emprego e Igualdade):
Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.
Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.
Importe concedido: 208.167,60 euros, a executar no período 2021-22.
- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2022-23 (Consellería de Promoción Emprego e Igualdade):
Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.
Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.
Importe concedido: 251.993,50 euros, a executar no período 2022-23.
EXERCICIO 2021
- Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2021 (Concello de Vigo):
Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.
Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.
Importe concedido: 135.654 euros
- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2021-22 (Consellería de Emprego e Igualdade):
Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.
Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.
Importe concedido: 208.167,60 euros, a executar no período 2021-22.
EXERCICIO 2020
- Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2020 (Concello de Vigo):
Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.
Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública
as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades
de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do
programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de
presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a
continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que
fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como
ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen
competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas
co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da
empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta
o Concello de Vigo.
Importe concedido: 145.000 euros
- Subvencións destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de Xénero 2019-2020 (Consellería de Medio Rural)
Obxectivo: contribuír a que as mulleres vítimas de violencia
de xénero acaden unha maior autonomía a través da súa independencia económica
co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración social.
Beneficiarios: cooperativas ou entidades asociativas do
sector agrario, as empresas (persoas físicas ou xurídicas) do sector agrario de
produción e/ou transformación de produtos agrarios, así como as empresas
inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de
Vexetais (Ropciv) que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas
nesta orde. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das axudas as empresas
forestais inscritas no Rexistro de Empresas (persoas físicas ou xurídicas) do
sector forestal (Resfor), empresas provedoras de material forestal de
reprodución dadas de alta no seu rexistro oficial, as comunidades e
mancomunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), e as asociacións forestais
que contraten vítimas de violencia de xénero.
Importe concedido: 58.451,25 euros